Presentación

Librería Formatos

A comezos do ano 2008, iniciamos un proxecto longamente perseguido por nós: a xeración dunha proposta cultural activa e alternativa, “intemción”.
Este programa xira arredor de catro bloques principais: investigación, temática, caixa de iniciativas e presentación de obra nova, sendo o obxectivo principal desta iniciativa a difusión aberta e libre de diferentes experiencias arquitectónicas e artísticas, nun ambiente suxerente e divulgativo por natureza, como é unha librería.

Neste senso, a flexibilidade do espazo do que hoxe dispomos permítenos desenvolver actividades diversas, conferencias, presentacións, proxeccións, exposicións,... adicadas á promoción cultural nos diferentes ámbitos artísticos: a Arquitectura, o Deseño, a Fotografía, a Publicidade, a Moda, o Cinema . . . .
Gustaríanos contar coa colaboración de todos para trascender os límite do noso espazo e converter intemción nun proxecto estable de intercambio e debate cultural.


Organización. Trespes Arquitectos

O equipo de traballo encabezado por trespes.arquitectos comparte as inquietudes da libreríaformatos na procura dunha nova forma de ollar sobre o entendemento da difusión artística. Sumámonos pois a esta iniciativa ilusionante na procura dunha lectura transversal da cultura do noso tempo.

O programa intemción pretende dar forma a esta aventura a través de conferencias, presentacións, debates, proxeccións audiovisuais, exposicións ... actos programados periódicamente no catrimestre de xaneiro a maio, creando a partires del un fío cultural, unha rede activa que nos leva a todos a poder recoñecer a cultura como ben social vital e dinamizador.
 

Agardamos que esta proposta serva para afianzar a presenza tanto física como virtual deste novo espazo cultural. 

Deseño: FelipeTrillo Estudio / Fotografía Librería: Ana Amado